A asociación Vieiro presenta un novo programa destinado ao alumnado de 1º e 2º de primaria


A asociación Vieiro, dentro da súa programación no ámbito escolar, presenta este ano un novo programa destinado ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria denominado “O labirinto das emocións”, que comezará a implementarse o vindeiro luns día 3 de outubro nos centros educativos e escolas unitarias de Carballo.

Con este programa a asociación Vieiro pretende traballar a prevención desde idades máis temperás, neste caso a través do coñecemento das emocións, favorecendo así os factores de protección fronte a condutas ou situacións de risco.

O obxectivo deste programa é contribuír ao coñecemento das emocións básicas, recoñecer como se manifestan en cada un/ha e nos demais e coñecer ferramentas para a súa xestión.

O programa está composto por cinco sesións de 55 minutos con periodicidade semanal nas que se traballan a través de contos as cinco emociones básicas: noxo, alegría, tristeza, ira e medo. Trátase de que os nenos/as aprendan a expresar correctamente as súas emocións, que falen do que senten, e a partir de aí comprender que eses sentimentos son compartidos polos seus compañeiros/as e que existen diferentes formas de reaccionar ante eles.
Vieiro móstrase profundamente agradecida da excelente disposición dos centros educativos, así como todas as facilidades ofrecidas polos equipos directivos e claustro de profesores/as para poder levar a cabo este programa.