Ante a situación epidemiolóxica producida pola extensión da Covid-19 e atendendo ao exposto na Xunta de Goberno Local do Concello de Malpica de Bergantiños, celebrada o 5 de novembro de 2020, o alcalde resolve que:
A partir do próximo luns, 16 de novembro, a atención ao público nas dependencias do Concello de Malpica realizarase exclusivamente mediante cita previa.
Esta poderá solicitarse:
Chamando ao teléfono do Concello 981720001 ou mediante o formulario posto a disposición da cidadanía na internet.
A entrada ao Concello dos cidadáns será exclusivamente pola porta lateral situada na Praza Anselmo Villar Amigo, respectando en todo caso os límites de aforo das oficinas, de modo que a espera farase fóra das dependencias municipais.
16