A atención temperá chegará a nenos de ata 6 anos de máis de 200 concellos

1 minutes read

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, inaugurou as xornadas de formación dirixidas a persoal técnico da rede galega de atención temperá esta mañá no Cegadi. Durante a súa intervención, lembrou que o Goberno galego leva este servizo a nenos de ata 6 anos de máis de 200 municipios de toda Galicia.

Este encontro sirve para que profesionais dos servizos comunitarios e da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) reciba asesoramento para a atención e na solicitude de axudas. O Goberno galego destina anualmente 7,3 millóns de euros na posta en marcha destas unidades repartidas por toda Galicia, tanto ás de titularidade municipal, como aos catro centros cos que conta a entidade.

Nestes momentos, están en funcionamento máis de 40 centros que dan cobertura a 200 concellos e atenden a máis de 5000 nenos. No ano 2009 tan só existían na nosa Comunidade dúas unidades que prestaban atención a quince municipios.