A Atleta da AD.Fogar Irea Alén gaña o Cros Ponte Romana de Lugo na categoría sub16


13 atletas da AD.Fogar tomaban parte este pasado domingo no V Cross Nacional Ponte Romana – Gran Premio actitudrío de Lugo; proba na que os representantes da AD.Fogar de Carballo e Oleiros calaban unha moi boa actuación nas distintas categorías e distancias nas que participaron. Os mellores resultados foron para Sergio Reino 7º e Valeria Alén 19ª na categoría sub10, Iago Bello 19º e Lola Freire 15ª na categoría sub12, Manuel Reino 4º na categoría sub14, Irea Alén que gañaba a proba e Anxo Bello que remataba 4º na categoría sub16 e Hugo Martínez que era 29º na sub18. Irea completou os 2.400 metros do percorrido lucense nun tempo de 8 minutos e 13 segundos a un ritmo medio de 3 minutos e 25 segundos o quilómetro.