A Audiencia da Coruña require 2.500 millóns os condeados polo “Prestige”


Na resolución xudicial notificada este venres establécese unha contía “sen limitación” para o capitán, como responsable civil principal, e para a propietaria do barco, como responsable civil subsidiaria, “ante a máis que razoable certidumbre de insuficiencia de bens do responsable principal, dada a contía global da débeda de autos”. Para a aseguradora, fixa un límite de 855 millóns de euros, descontada a cantidade de 22 millóns consignada, mentres que para o Fondo Internacional de Indemnización de Danos Debidos a Contaminación por Hidrocarburos 1992 marca o límite en 27 millóns euros, descontadas as sumas xa abonadas a prexudicados (preto de 120 millóns). A Audiencia establece, por agora, o total da execución da sentenza en preto de 2.500 millóns de euros.