A Audiencia da Coruña require 2.500 millóns os condeados polo «Prestige»

Na resolución xudicial notificada este venres establécese unha contía «sen limitación» para o capitán, como responsable civil principal, e para a propietaria do barco, como responsable civil subsidiaria, «ante a máis que razoable certidumbre de insuficiencia de bens do responsable principal, dada a contía global da débeda de autos». Para a aseguradora, fixa un límite de 855 millóns de euros, descontada a cantidade de 22 millóns consignada, mentres que para o Fondo Internacional de Indemnización de Danos Debidos a Contaminación por Hidrocarburos 1992 marca o límite en 27 millóns euros, descontadas as sumas xa abonadas a prexudicados (preto de 120 millóns). A Audiencia establece, por agora, o total da execución da sentenza en preto de 2.500 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha