A Audiencia de Madrid absolve a Cristina Cifuentes


A Audiencia Provincial de Madrid absolveu á expresidenta madrileña Cristina Cifuentes no caso Máster, no que estaba acusada de inducir a falsificación da acta do Traballo de Fin de Máster (TFM) do curso de posgrao que cursou no Instituto de Dereito Público, na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid (URJC) en 2012. En cambio, as outras dúas acusadas, a exasesora da Consellería de Educación María Teresa Feito e a profesora Cecilia Rosado, foron condenadas, segundo informaron este luns fontes xudiciais. Na sentenza, a Sección 15 da Audiencia de Madrid considera que non queda acreditado que Cifuentes “impulsase, suxerise ou presionase” para falsificar a acta do seu traballo de fin de máster, aínda que destaca as “incongruencias” da súa actuación como alumna, “incompatibles” cunha estudante normal.