A Audiencia Nacional abre un xuízo oral contra Iberdrola por subida de prezos en 2013

Así o acordou este mércores o maxistrado da Audiencia Nacional, Ismael Moreno, que abriu un xuízo oral por parar as centrais hidroeléctricas do Tajo, o Douro e o Sil en decembro de 2013 para encarecer a electricidade. O maxistrado pide unha fianza de máis de 107 millóns de euros cada directivo e envíalles ao banco dos acusados por «un delito relativo ao mercado e aos consumidores». Ademais, no caso da filial da eléctrica, esíxelle outra fianza de máis de 192 millóns de euros para «garantir o pago das multas» e «das responsabilidades civís». A fiscalía cre que puxeron en funcionamento un sistema que aumentase máis o prezo da electricidade do que o fai a oferta e a demanda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha