A Audiencia Nacional anula a prórroga de ENCE na ría de Pontevedra


A Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional estimou os recursos presentados polo Concello de Pontevedra e a ONG ecoloxista Greenpeace, polo que anulou a prórroga concedida a Ence para que a súa fábrica en Pontevedra puidese ocupar terreos de Costas ata o ano 2073. A sentenza considera que a resolución do 20 de xaneiro de 2016, pola que se autorizou a Ence para manter a súa actividade en Pontevedra durante 60 anos máis, non xustifica, como esixe a Lei de Costas, que a papeleira, pola súa natureza, non poida ter outra localización.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), destacou o “fracaso estrepitoso do Partido Popular”, por mor da sentenza da Audiencia Nacional.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que a sentenza da Audiencia Nacional  é “un triunfo para Galicia e para Pontevedra”.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, calificouna de “golpe irreversible para Galicia”.