14
O Concello acaba de levantar as restricións de consumo de auga do servizo de abastecemento despois de recibir a comunicación de Sanidade indicando de que as últimas análises cualificasen a auga como apta para o consumo. Deste xeito ponse fin as restricións iniciadas o pasado 22 de xullo. Mantivéronse ata hoxe un servizo de abastecemento con tres cisternas que repartían 15.000 litros e tamén se entregaron garrafas de auga. Betanzos reclama a Augas de Galicia un estudo do río para determinar os puntos de vertedura e pide que se investiguen.