A auga volve a circular entre a lagoa e o mar en Baldaio

0 minutes read

Despois de varios días coa canle chea de area, unha situación que se vén repetindo con demasiada frecuencia desde o ano 2019, a Xunta de Galicia enviou este martes a maquinaria necesaria para reabrir o corredor natural que permite a mestura de auga doce e salgada, imprescindible para manter o equilibrio ecolóxico e marisqueiro dun dos espazos naturais máis importantes de Galicia. Así o explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a visita realizada á lagoa.