A Aula CeMIT do Concello de Carballo, situada no Pazo da Cultura, será unha das sedes das probas de avaliación, de carácter libre, para a obtención do certificado de competencias dixitais de nivel intermedio (DOG núm. 197, do 13 de outubro de 2025).
As probas celebraranse nas seguintes datas e horas:
- Mércores, 26 de novembro, ás 12.00h (20 prazas dispoñibles)
- Venres, 28 de novembro, ás 12.00h (20 prazas dispoñibles)
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) antes da finalización do prazo establecido.
Con carácter previo é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Os datos persoais cos que a persoa se inscriba na páxina web da Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións. A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.
O prazo para a inscrición será de catorce (14) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou horario.