A aula CEMIT de Santa Comba acollerá en outubro tres cursos tecnolóxicos

A aula CEMIT do Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba acollerá os días 13, 15, 20 e 22 de outubro, de 20:00 a 22:00 horas, tres cursos formativos dirixidos preferentemente a membros da Asociación de Empresarios xalleira. En concreto tratarán os seguintes temas: autentificación dixital, facturación electrónica e trámites coa administración. Debido ás restricións en materia de aforo, só se ofertarán 13 prazas nas cales terán preferencia os asociados. Para inscribirse pódese chamar aos teléfonos da Asociación; 633 18 18 17 ou 981 81 86 04, ou por mail a correo@empresariosdesantacomba.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha