A Aula Mentor da Laracha oferta máis de 200 cursos formativos

1 minutes read

Aula Mentor, programa de formación en liña non regulada, conta cun extenso catálogo de máis de douscentos cursos cos que ampliar as competencias tanto persoais como profesionais. Todos eles débense facer en liña e nos horarios que cada usuario estime oportuno como alternativa á rixidez propia dos sistemas educativos convencionais.

Para facilitar a realización dos cursos, o Concello ten a disposición da cidadanía unha aula no edificio administrativo da Laracha co equipamento informático preciso e cunha administradora presencial que axuda e orienta ao alumnado en todo o proceso desde a matriculación ata o remate da formación. O horario de apertura da Aula Mentor da Laracha é de 11:30 a 13:30 os luns, mércores e venres.

O Concello anima á cidadanía a coñecer a Aula Mentor da Laracha e o seu catálogo de cursos. Desde o Ministerio de Educación e Formación Profesional, o responsable deste programa, anunciouse a posta en marcha dun novo centro virtual de Educación para implantar de maneira progresiva os cursos organizados en itinerarios formativos. Actualmente xa están dispoñibles os de xestións administrativas do proceso comercial, o de informática e comunicación e o de sanidade, e ao longo do 2023 implantaranse outros itinerarios novos.

As persoas que desexen ampliar información sobre o catálogo de Aula Mentor, matricularse ou empregar a aula de informática municipal para realizar os seus cursos pode facelo presencialmente acudindo ao edificio administrativo da Laracha (Avenida Fisterra, 60), vía telefónica no 669963094, a través da web https://aulamentor.alaracha.gal/ ou na páxina de Facebook de Aula Mentor da Laracha (https://www.facebook.com/aulamentordalaracha).