A autopsia revela que a muller asasinada na Pastoriza foi acoitelada

O suceso tivo lugar na Regueira, na parroquia pastoricense de Crecente, onde residían o presunto parricida e maila vítima, que apareceu morta na cociña, segundo revelou a autopsia con cortes no pescozo e cun traumatismo na cabeza. Pola súa parte, o suposto agresor apareceu tirado no chan á beira da casa despois de tirarse por unha ventá.