A autovía do Morrazo xa enlaza a ponte de Rande con Cangas

1 minutes read

Xa está completada a autovía do Morrazo, que enlaza a ponte de Rande con Cangas. Este venres abriu ao tráfico o último treito, de catro quilómetros, xusto a tempo para o verán.

Adiantáronse á data límite de entrega para que a autovía puidese estar en funcionamento na súa totalidade no verán, cando esperan que practicamente se duplique o tráfico coas entradas e saídas ás praias. Nos últimos meses pasaron polos treitos da autovía que xa estaban abertos unha media duns 16.000 vehículos diarios. Na construción da autovía do Morrazo investíronse 55 millóns de euros para mellorar a seguridade, a mobilidade e tamén o desenvolvemento económico da zona.

Trátase dunha infraestrutura clave para mellorar a competitividade da comarca e que se cumpre así co obxectivo de mellorar a mobilidade das 100.000 persoas que viven no Morrazo.

Feijóo na inauguración.