A avenida Rodríguez de Viguri de Santiago aberta ao tráfico

1 minutes read

A restitución da circulación faise coincidir co aumento da actividade na cidade tras o verán, tras terse avanzado de xeito significativo nos traballos durante este pasado mes de agosto, polo que a Xunta mantén a previsión de rematar a execución dos mesmos no outono. A axilización da intervención foi posible grazas ao corte de tráfico efectuado na zona, aproveitando a menor circulación na contorna de San Caetano, favorecendo o despregue de máis medios en obra.

As obras, cun orzamento de 1,6 M€, consisten na reorganización e reurbanización da avenida de Rodríguez de Viguri coa instalación dunha parada de intercambio modal con capacidade suficiente para dar cabida, polo menos, a cinco autobuses de liña regular ao mesmo tempo, tendo en conta que tamén se deberá dar servizo aos autobuses urbanos que conectan este punto co aeroporto e coa estación intermodal.

Na intervención inclúese a reorganización, ademais, dos fluxos peonís e ciclistas para dar acceso ao complexo administrativo co obxecto de minimizar as interferencias e mellorar a conexión peonil dos viaxeiros no intercambio modal.

Esta actuación está incluída no marco de Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á Pandemia do COVID-19 e vinculada á obras dos dous primeiros módulos do edificio administrativo Cidade San Caetano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?