A avoa de Santa Comba cumpre 107 anos: “Cando era unha nena houbo unha gripe moi mala”

1 minutes read

María Josefa Espasandín Caamaño celebrou estes días os 107 anos de vida coa súa familia. Coñecida por moita xente como “Maripepa de Rieiro”, aínda que a ela lle gusta o seu nome completo, María Josefa, nacía un 10 de Maio de 1914, nun mundo ben diferente ao actual, en Rieiro-Arantón. Aos seus 107 anos, conserva unha saúde e actividade envexable, familiares e veciños seguen valorando as súas historias, consellos, experiencias, amizade e cariño. Maipepa lembra o que lle contaba súa nai, que cando era unha nena houbera unha gripe moi mala; aludindo á mal chamada “Gripe Española” que atemorizou a poboación mundial, española e galega alá polo 1918. Ademáis de superar dúas pandemias, a “Avoa de Santa Comba” lembraba a dura e aventureira vida da Guerra Civil, dos tempos da mina e outras experiencias vitais. Sabiduría de quen leva moito vivido, de quen aínda ten forzas e simpatía para contalo e de quen debe de ser un modelo de adaptación a épocas moi diversas. Fonte_Concello de Santa Comba.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?