A avoa de Santa Comba cumpre 107 anos: «Cando era unha nena houbo unha gripe moi mala»

1 minutes read

María Josefa Espasandín Caamaño celebrou estes días os 107 anos de vida coa súa familia. Coñecida por moita xente como «Maripepa de Rieiro», aínda que a ela lle gusta o seu nome completo, María Josefa, nacía un 10 de Maio de 1914, nun mundo ben diferente ao actual, en Rieiro-Arantón. Aos seus 107 anos, conserva unha saúde e actividade envexable, familiares e veciños seguen valorando as súas historias, consellos, experiencias, amizade e cariño. Maipepa lembra o que lle contaba súa nai, que cando era unha nena houbera unha gripe moi mala; aludindo á mal chamada «Gripe Española» que atemorizou a poboación mundial, española e galega alá polo 1918. Ademáis de superar dúas pandemias, a «Avoa de Santa Comba» lembraba a dura e aventureira vida da Guerra Civil, dos tempos da mina e outras experiencias vitais. Sabiduría de quen leva moito vivido, de quen aínda ten forzas e simpatía para contalo e de quen debe de ser un modelo de adaptación a épocas moi diversas. Fonte_Concello de Santa Comba.