35
A avogacía do Estado atribúelle ao Concello de Vigo a responsabilidade no accidente do Marisquiño o 13 de agosto de 2018, un accidente no que resultaron feridas 400 persoas cando parte do paseo onde se celebraba o concerto se derrubou e os asistentes quedaron atrapados ou caeron ao mar. En nome da Autoridade Portuaria, remitiu un escrito á maxistrada que leva o caso, pídelle que lle tome declaración «con urxencia» ao exconcelleiro Carlos López Font, daquela responsable de Seguridade, e ao técnico municipal que autorizou o concerto celebrado no porto hai dous anos.