A AXEGA activa o ARIEM 112 para buscar un desaparecido no río Miño


O desaparecido e un mozo portugués de 23 anos que participaba por primeira vez nunha competición de tríatlon. No treito de natación, de menos dun quilómetro desapareceu. Algúns triatletas aseguran que non levaba traxe de neopreo e que as condicións da auga eran perigosas, con remuíños e correntes fortes. O desaparecido non chegou ao control previo á proba de ciclismo e a primeira hora da tarde deste domingo montouse un operativo de busca. Participan servizos de emerxencias galegos e portugueses.