A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar sangue, especialmente no verán

1 minutes read
Imaxe de arquivo dunha unidade móbil de doazón

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía dos grupos A Positivo, B Positivo, Cero Positivo e, moi especialmente, do Cero Negativo. As reservas destes catro grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

Desde ADOS convídase a todos os galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o número de doazóns. A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios non diminúe no verán, polo que se necesita da colaboración e xenerosidade de todos para conseguir entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ao longo destes días, numerosos concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

DATACONCELLOS
Mércores   7 de xulloEscola de Especialidades Antonio Escaño (Ferrol), Praza Conchiñas (A Coruña), Barrio das Flores (A Coruña), Área Central-Fontiñas (Santiago), Bertamiráns (Ames), Zona Herrería (Pontevedra), Zona O Calvario e Avda. Martínez Garrido (Vigo), Viveiro, A Valenzá-Barbadas.
Xoves 8 de xulloEscola de Especialidades Antonio Escaño (Ferrol), Cantón-Obelisco (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), A Pobra Caramiñal, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía de Arousa, Salvaterra do Miño, Baiona, Viveiro, Montederramo, Beade e Leiro.
Venres 9 de xulloC.C. Odeón (Ferrol), Arteixo, Cantón-Obelisco (A Coruña),Noia, Bertamiráns (Ames), Vilagarcía de Arousa, Redondela, Baiona, Burela, O Carballiño
Sábado 10 de xulloC.C. Odeón (Ferrol), Arteixo, Noia, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Carrefour Lugo.