A Axencia Europea de Medicamentos (EMA) aproba o uso da vacina de Pfizer e BioNTech en adolescentes de 12 a 15 anos. Despois de que a Comisión Europea (CE) conceda a súa autorización comercial, converterase na primeira vacina aprobada para menores de 16 anos no espazo comunitario. Hai dúas semanas, Estados Unidos comezou a vacinar a este grupo.
Pfizer e BioNTech probaron en fase III a súa fórmula contra o coronavirus en 2.260 adolescentes e aseguraron que a súa efectividade foi do 100 % e cunha «sólida» resposta inmunolóxica. Nas probas, agregan, a vacina foi «ben tolerada en termos xerais». Os efectos secundarios máis comúns nos nenos destas idades son similares aos das persoas de 16 anos ou máis, o que inclúe dor no lugar da inxección, cansazo, dor de cabeza, dores musculares e articulares, calafríos e febre, todos eles leves ou moderados e melloran aos poucos días da vacinación.
33