A Axencia Galega da Industria Forestal contará cun 14,5% máis de orzamento en 2024

1 minutes read

Así o sinalou o director da Axencia, Jacobo Aboal, que compareceu no Parlamento para dar detalles deste presuposto. Na súa intervención apuntou que o orzamento de 2024 da Axencia Galega da Industria Forestal contén un importante investimento en tecnoloxías forestais, que estará financiado cun crédito de 11 millóns de euros, o que supón -resaltou- un incremento do 103% con respecto ao ano anterior para dar resposta a unha demanda do sector. Jacobo Aboal destacou que no 2024 traballarase para estar máis presentes nas convocatorias de axudas europeas e así potenciar a innovación non só con fondos propios do Goberno autonómico. Por iso, sinalou que se buscará tecer unha extensa rede colaborativa para conseguir unha efectiva vixilancia tecnolóxica. Destacou o proxecto europeo Resonante, no que está presente a Axencia e ao que destinará máis de 100.000 euros. Ten por obxectivo guiar a toma de decisións cara a mellora da resiliencia dos bosques e as cadeas de valor forestais e así dar resposta á evolución da demanda social de produtos forestais e servicios ecosistémicos. Outro dos temas que puxo en valor, está relacionado coa captación de fondos para a innovación, son as axudas concedidas hai unhas semanas polo Comité de Xestión do Programa de Cooperación Interreg España-Portugal á Axencia. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?