A Axencia Galega de Infraestruturas, asume a xestión das seguintes fases do novo hospital público da Coruña, Novo CHUAC, que suporá un investimento global da Xunta de máis de 431 millóns de euros. O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores o anuncio da Consellería de Sanidade, no que se dá publicidade á resolución do Servizo Galego de Saúde, desta encomenda ao departamento da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para a xestión das actuacións para a adxudicación e execución do contrato de servizo de redacción dos documentos técnicos e a tramitación urbanística e ambiental do novo CHUAC. A Axencia Galega de Infraestruturas ten en marcha o proceso de contratación dos documentos técnicos e a tramitación urbanística e ambiental que permitirán iniciar as seguintes fase do Novo CHUAC en 24 meses. Para a execución dos traballos, licitados en decembro do pasado ano por 7,6 millóns, presentáronse 7 ofertas de distintas empresas, e a previsión e poder adxudicar os mesmos nesta primavera.
36
