Unha equivocación puido ser o motivo da morte doutro mozo negro a mans da policía en Minneapolis. A axente quería paralizalo cunha pistola Taser, pero confundiuse de arma. É a conclusión á que chega a policía tras revisar as imaxes da cámara corporal da axente. No vídeo ve como Daunte Wright, de 20 anos, sae do seu vehículo tras ser parado nun control. Nunha pequena liorta coa policía óese á axente que chega tras o seu compañeiro ameazar varias veces con «paralizalo coa Taser» ao mozo e logo disparar. Inmediatamente despois laméntase do que fixo. O suceso ocorreu na mesma cidade na que se celebra a terceira semana de xuízo pola morte de George Floyd. As protestas contra a brutalidade policial cara aos negros reaviváronse.