- As librarías estarán pechadas nun «Día do Libro» insólito, onde poderían chegar a facturar, se fose un día normal, ata 3.000 euros.
Nunha celebración diferente a de outros anos pola situación de alarma que estamos a vivir, dende o Condello da Baña propoñen unha orixinal idea de elaboración dun muiño de vento de papel, símbolo de loita contra un xigante, que podería ser a pandemia do Covid-19, do mesmo xeito que loitaba O Quixote contra os muiños do vento que cría ver. En condicións normais o 23 de abril celebraríamos o Día do Libo, pero ao non poder ser, desde o Concello animan a cidadanía a que eses muiños do vento se poñan nas fiestras, e tamén mandedes fotos nas que aparezades con eles ou mandar as fotos dos muíños simplemente, como cada quen queira. As fotos recibidas a través do correo marta.cambeiro@concellodabana.gal publicaranse na páxina web do Concello da Baña.