A Baña, Mazaricos e Santa Comba estrean o paso de vaca

Os tres concellos galegos acaban de estrear cadanseu paso de vaca permanente, que é coma un paso de cebra pero no canto de raias brancas ten as típicas manchas da pel da vaca.

Resulta evidente que entre os símbolos da identidade galega non figura precisamente a cebra. E por aí naceu a idea de poñer sobre o asfalto a pel do noso animal máis emblemático.

Un ano despois do éxito popular que obtivo o paso de vaca temporal da Coruña, tres concellos rurais, A Baña, Mazaricos e Santa Comba acaban de estrear cadanseu paso de vaca permanente, que representa o noso pasado e o noso presente e aspira a representar o noso futuro.

Os alcaldes das tres vilas participaron na inauguración do cuarto paso de vaca permanente, o da Casa Grande de Xanceda, lugar onde comezou esta iniciativa para reivindicar o rural na cidade.

Os pasos de vaca non pretenden substituír os pasos de peóns homologados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha