A Banda do Verán fará tremer o Castelo de Vimianzo o vindeiro 31 de outubro

Vimianzo prepárase para celebrar o Samaín cun espectáculo que fará tremer o Castelo. A Banda do Verán ofrecerá o vindeiro martes, 31 de outubro, un concerto de rock divertido e arrepiante a partes iguais.

A sesión comezará a partir das 18:30 horas. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a súa realización no Castelo, trasladarase á Casa da Cultura.

A actividade forma parte do ‘Outono Rebuldeiro’ e as entradas poden adquirirse a través da plataforma online www.woutick.es ou no despacho de billetes da Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Ademais, o despacho de billetes estará aberto desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha