Fano como símbolo da boa calidade das augas de baño, dos areais e dos servizos que se prestan aos usuarios e usuarias. A calidade ambiental e a excelencia na prestación dos servizos son os eixos arredor dos que xira a acción da Concellaría de Medio Ambiente, e por iso en Carballo tamén ondea outra bandeira, a do Certificado do Esquema Europeo de Ecoxestión e Auditoría (EMAS), que implica un compromiso coa prevención da contaminación, a mellora continua do areal, a xestión de residuos e a atención aos usuarios e usuarias.
Un ano máis, este sábado izáronse as bandeiras que simbolizan os valores do litoral carballés. No acto participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales; o coordinador de Protección Civil, Javier Souto, e unha representación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e da Unidade de Salvamento Acuático.
Co obxectivo de seguir impulsando o aproveitamento sostible da franxa costeira, ao longo do verán tamén se levarán a cabo outras actividades dentro do programa “eu quero Razo-Baldaio”, que arrincará o mércores.
A campaña anual de volei-praia ou a Praia dos Libros, que abrirá as súas portas en breve, son outras propostas para gozar do verán nestas praias xunto co surf, a pesca deportiva ou o baño. Neste sentido as cinco zonas de baño do litoral carballés que están controladas sanitariamente (Pedra do Sal, Razo, Arnados, Ría de Baldaio e Saíñas) acadaron a cualificación de excelente, segundo a clasificación sanitaria remitida pola Consellería de Sanidade.