A bandeira azul volve ondear na praia de Caión, A Laracha

Ayuntamiento de A Laracha

  • O Concello tamén conta cun Sendeiro Azul e un Centro Azul de educación ambiental

A praia larachesa de Caión volve a lucir a bandeira azul. Unha ampla representación do goberno local (encabeza polo alcalde, José Manuel López Varela) acudiu este venres ao acto de izado xunto aos membros do equipo de salvamento e socorrismo. Este distintivo, que outorga a Fundación Europea de Educación Ambiental, recoñece a calidade dos areais e das augas, así como o cumprimento dunha serie de normas relacionadas coa seguridade, respecto medioambiental, accesibilidade e servizos xerais, entre outras cuestións.

O Concello da Laracha tamén conserva o distintivo de Sendeiro Azul no tramo do paseo marítimo que vai desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido, preto do límite co termo municipal de Carballo. Ademais, o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar repite distintivo de Centro Azul en recoñecemento ao labor de educación ambiental.