A bandeira da diversidade sexual volve este 28 de xuño a fachada do Concello de Carballo

A bandeira multicolor volve a ondear na fachada da Casa do Concello. “Queremos sumarnos a esta celebración no compromiso deste goberno municipal coa igualdade de dereitos de todas as persoas, sexa cal sexa a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero”, indica a concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade, Maica Ures. Ao mesmo tempo, desde a área de Igualdade e Benestar aprovéitase esta data para pedir “respecto, dignidade e autoestima para todas as persoas”.

Un ano máis, á parte de colocar a bandeira da diversidade sexual, o Concello de Carballo súmase á campaña promovida dende a Deputación Provincial da Coruña, nesta ocasión co lema Liberdade de ser e sentir. E para implicar á cidadanía neste obxectivo, a Concellaría de Igualdade organizara un pequeno concurso nas redes sociais, en concreto en Facebook e Instagram. Abondará con que as persoas participantes sigan ao Concello de Carballo, dean un gústame á publicación con esta información e deixen un comentario cunha imaxe e/ou unha frase alusiva á data. Os/as cinco que obteñan máis gústame en cada rede recibirán un kit composto por unha camiseta, unha bolsa de tela, un autocolante e unha chapa.

Manifesto da Fegamp

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha