A bandeira LGTBIQ+ xa ondea no Concello de Vimianzo

Fachada Concello Vimianzo_Cedida

  • Este luns tamén deu comezo o Vimiverán

Da fachada do Concello de Vimianzo xa pendura a bandeira coas cores da arco da vella, un símbolo de «reivindicación de cara a acadar unha sociedade máis igualitaria e xusta independentemente das condicións sexuais individuais», destacan desde o Goberno local.

A concelleira de Igualdade, María José Pose, fixo entrega dunhas pulseiras con este mesmo motivo ás alumnas e alumnos do obradoiro ‘Xuventude polo emprego’.

Ademais, este luns deu comezo o Vimiverán.

Vimiverán