Da fachada do Concello de Vimianzo xa pendura a bandeira coas cores da arco da vella, un símbolo de «reivindicación de cara a acadar unha sociedade máis igualitaria e xusta independentemente das condicións sexuais individuais», destacan desde o Goberno local.
A concelleira de Igualdade, María José Pose, fixo entrega dunhas pulseiras con este mesmo motivo ás alumnas e alumnos do obradoiro ‘Xuventude polo emprego’.