A Barca de Muxía tamén regresará ao grande

Cedida

A romaría da Virxe da Barca regresará ao grande a segunda fin de semana de setembro tras o obrigado parón de dous anos polo covid-19. Este luns, na conmemoración do 75º aniversario da coroación canónica da Virxe, o Concello de Muxía presentou o cartel das festas que inclúe as actuacións de grandes orquestras como Os Satélites ou a Paris de Noia. De novo haberá festa por milleiros con procesión e traca.