Os expertos afirman que Robotine no sur e Kupyansk en Járkov seguen sendo puntos crave na ofensiva. As tropas ucraínas están baixo constante lume de drons. Pero a misión segue sendo eliminiar a ponte terrestre entre Rusia e Crimea, e illar ás forzas de Moscova nas áreas ocupadas do sur.
O mando ruso é consciente do perigo dun gran avance: grandes reservas das Forzas Armadas rusas comezaron a chegar á zona de Robotine.
Pero ningún dos exércitos pode funcionar sen municións e o ministro de Defensa ruso, Sergei Shoigu, dixo aos traballadores dunha planta militar na rexión de Tula que establezan unha produción ininterrompida as 24 horas. Shoigu tamén viaxou recentemente a Corea do Norte para tentar convencer a Pyongyang de que venda municións de artillería a Rusia.