A beleza da costa atlántica chega a Cabana coa exposición fotográfica ‘Infinitum’, de Ana Ruiz

1 minutes read
  • A mostra poderá visitarse no Dolmen de Dombate do 10 de abril ao 27 de maio

O Dolmen de Dombate, en Cabana, volverá acoller unha nova mostra da beleza do paisaxe da Costa da Morte grazas, nesta ocasión, á exposición Infinitum da fotógrafa Ana Ruiz Amigo. O seu traballo poderá visitarse do 10 de abril ao 27 de maio.

A mostra está organizada polo colectivo Ponteceso Cultura Permanente en colaboración co Concello de Cabana e a Deputación da Coruña. O traballo de Ana Ruiz, segundo explica ela mesma, pretende transmitir o que a súa alma percibe, «poñendo todo o sentimento e a ollada en cada foto e mostrando o que moitas veces non se percibe a simple vista».

Ademais de recibir o premio á mellor fotografía do ano no concurso ‘Presume de Galicia’, convocado polo Clúster de Turismo de Galicia, Ana Ruiz realizou as exposicións ‘De tu luz y mis sombras’ e ‘El Alma del Mar’ en numerosos espazos da Coruña e a Costa da Morte. Tamén colaborou coas súas imaxes nos libros ‘O Corazón do Pirata’ e ‘Soños de Pirata’.