A biblioteca de Camariñas comeza o outono con varias actividades

Biblioteca Camariñas

A biblioteca de Camariñas realizará durante o mes de outubro varias actividades dirixidas aos máis pequenos. A programación comezará este xoves 8 con ‘Robótica na biblioteca’ e rematará o venres 23 coa celebración do aniversario da biblioteca.

Contos, obradoiros, música e xogos farán as delicias dos asistentes que, debido ao aforo limitado, deberán reservar as súas entradas no propio local.