A Biblioteca de Cee convoca unha nova edición do «Achegamento ao Libro»

1 minutes read

Logo de verse obrigado a cancelar os concursos o ano pasado, por primeira vez nos seus 29 anos de existencia, de novo vólvense a convocar os certames escolares da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee. Faise co fin de seguir achegando a cultura e fomentar a lectura ao alumnado dos centros de ensino de Cee comarca, convocan o concurso de “Achegamento ao Libro”, que este ano chega a súa 30ª edición; así como o certame “Na Procura do Noso XVII Marcapáxinas”, con 17 anos ás súas costas. Os diferentes premios serán vales para material didáctico e libros a trocar nas librerías: 80€ para o gañador de 1º e 2º de primaria; 90 para o gañador de 3º e 4º de primaria, e finalmente; e 100 euros para o gañador de 5º e 6º de primaria. Pola súa banda o de marcapáxinas terá un premio único de 100€.


Para participar

Só poderán participar os alumnos/as de Educación Primaria, e a dotación económica dos premios mantense en todas as categorías; Os traballos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o 8 de abril ou enviar por correo ordinario, antes desa data.

Por: José Ramón Rey Senra (Técnico da Biblioteca)