38
A Biblioteca Municipal de Cerceda será escenario dos seminarios de contidos dixitais contra a violencia de xénero dirixido á rapazada. Celebraranse do 11 de marzo o 8 de abril en horario de 18:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas poderanse inscribir a través do formulario en liña https://forms.gle/9dauFcBkCigs1rRh9.
Dirixido ao estudantado de Educación Secundaria Obrigatoria, traballarase de forma moi práctica o proceso creativo á hora de xerar contidos dixitais e prepararase unha campaña para sensibilizar na loita contra a violencia de xénero.
Nestes seminarios empregarase en gran medida o teléfono móbil, polo que é axeitado dispoñer dun terminal. Ademais, utilizaranse aplicacións como Instagram ou TikTok.