A Biblioteca de Cerceda acollerá unha exposición sobre Moncho Valcarce

1 minutes read

A Biblioteca Municipal de Cerceda acollerá a exposición Moncho Valcarce, unha vida de compromiso, organizada pola Irmandade Moncho Valcarce en colaboración co Concello de Cerceda. A inauguración da mostra terá lugar o vindeiro luns, 9 de outubro, ás 19:00 horas e a ela acudirán o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, a concelleira de Cultura, Cristina Capelán, e o concelleiro de Festas e Medio Rural, Ángel Gestal.

Instalarase na sala municipal de exposicións “Xosé Neira Vilas” e conta cun largo percorrido ao longo dos últimos anos en toda Galicia, recollendo a traxectoria do crego e político galego a través de 22 paneis compostos por fotografías e texto. Estará exposta neste espazo ata o 23 de outubro en horario de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. O acceso é totalmente de balde