A Biblioteca de Coristanco acollerá un obradoiro de robótica

1 minutes read

A Biblioteca Municipal de Coristanco adicará a xornada do vindeiro luns 10 de abril ao día do investigador e da investigadora científica. Con este motivo desenvolverá un obradoiro de robótica no que os asistentes descubrirán os principios da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas (STEM), participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica. Da man de “A Nube de Artear” deseñarán e darán vida a diferentes robots co obxectivo de incentivar a creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun enfoque do mundo real. Esta actividade está incluída no programa de Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?