- Durante a mañá deste domingo desenvolverase un escape room e tamén terá lugar o espectáculo de títeres ‘Menú de reflectorio’
A biblioteca de Coristanco conmemorá este domingo o Día das Bibliotecas con actividades para todos os públicos.
Ás 11:00 horas iniciarase coa escritora Antía Yáñez un escape room, un xogo destinado a rapaces de entre 8 e 12 anos no que deberán seguir varias pistas para poder saír da biblioteca. Unha hora máis tarde, xa no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples, terá lugar o espectáculo de títeres ‘Menú de reflectorio’ a través do programa de dinamización lingüística FaraRedes, subvencionado pola Xunta de Galicia. Neste caso, a función está destinada a un público familiar. A programación pecharase ás 13:00 horas coa cerimonia de entrega de Maqueta de Juan Manuel Pose Arijón.
Os interesados en participar deberán inscribirse chamando ao 651 664 908 ou enviando un correo a biblioteca@coristanco.