A Biblioteca de Coristanco estrea logotipo

0 minutes read

Trátase dun traballo deseñado e cedido pola autora local Loli España co lema “Navegando por un mar de libros”. Ademais de todas as novidades que ofrece a Biblioteca, Coristanco acaba de integrarse no Catálogo de Bibliotecas Públicas de Galicia cun novo sistema de xestión bibliotecaria que permite mellorar o servizo para os usuarios e usuarias de cada biblioteca e da Rede en xeral ao crearse un catálogo único accesible a través da web https://rbgalicia.xunta.gal/.