A biblioteca de Malpica acolleu un encontro literario con Héctor Pose

A biblioteca municipal Eduardo Blanco Amor de Malpica acolleu na tarde deste luns un novo encontro literario, neste caso cun profeta na súa terra, o escritor malpicán, Héctor Pose. Tratouse dunha iniciativa organizada conxuntamente desde a biblioteca Manuel María do instituto Urbano Lugrís e a área de Cultura do Concello de Malpica. O autor abordou cos asistentes algunhas das súas publicacións máis recentes. José Luís, o profesor do IES Urbano Lugrís, foi o encargado de dirixir o evento con gran mestría ante un público entregado.

Héctor somerxeu con habilidade aos presentes no seu proceso de creación das diversas obras literarias que xa ten publicadas. Amosou os seus cadernos onde toma notas, fai colaxes e nos que tamén fixeron intervencións diversos artistas de diferentes disciplinas. A Urna das Cartas, Muxos, Doce Lúas, entre outras obras foron explicadas polo autor. Ademais, desvelou que próximamente sairán novos libros. Sen dúbida, este foi un encontro xenial, enriquecedor e unha marabilla poder gozar da paixón coa que narra a súa experiencia como escritor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha