A Biblioteca de Ponteceso acollerá o “Concurso de debuxos Castelao”

Cartel do concurso de debuxos en Ponteceso_Concello

  • O fallo darase a coñecer o día 30 de xaneiro nun acto público no que tamén haberá unha actuación musical

A Área de Biblioteca conmemora o 70º aniversario do pasamento dun dos galegos máis ilustres organizando o Concurso de Debuxos de Castelao, un certame dirixido tanto a alumnado de primaria coma de secundaria.

Segundo explica a concelleira de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño, os nenos e nenas elaborarán os seus debuxos individuais e entregaranllos aos seus profesores antes do día 29, data fixada para a súa recollida. Ao día seguinte, o 30 de xaneiro, daranse a coñecer os gañadores en cada unha das dúas categorías establecidas nun acto público que se celebrará na Biblioteca Municipal de Ponteceso a partir das 18.00 horas.

A Área de Biblioteca establece tres premios para cada categoría:
• 1º premio: cheque de 100 euros
• 2º premio: cheque de 50 euros
• 3º premio: cheque de 25 euros

Os cheques serán canxeables por material nas librerías de Ponteceso.

Ademais da entrega de premios, para o acto do día 30 está prevista a actuación musical do grupo infantil AJA.