Debido a que aínda están pechadas as bibliotecas de Carral, e coa finalidade de que os nenos manteñan contacto cos personaxes das sesións de contacontos, os Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, preparan para esta semana uns vídeos cos que desexan saudarlles e contarlles un conto.
Será Lili Gruyere quen se encargue desta comunicación a través da páxina de Facebook de Cultura (CulturaCarral). O primeiro vídeo farase público o martes 12, e os seguintes o xoves 14 e o sábado 17 de maio.
É unha das maneiras nas que o departamento de Cultura desexa manter actividade cultural. A súa páxina de Facebook publicou unha diversa oferta de contidos, propostas e suxerencias de carácter cultural para axudar ás familias do municipio para superar o período de confinamento provocado polo Covid 19.