- Nese lugar haberá libros onde se tratará a tolerancia ou a empatía
A Biblioteca Municipal de Coristanco conta cun novo espazo para sensibilizar e crecer en igualdade que leva por nome “O encomio da viola».
Elaborado pola artista local Loli España, o “Encomio da viola” xa ten en marcha unha iniciativa para dar maior visibilidade e achegar á cidadanía, a través da lectura, a temática da igualdade con obras referentes que tratan conceptos como a tolerancia, a solidariedade ou a empatía.