0
A biblioteca pública municipal ‘María Baña’ presenta a súa variada oferta de propostas culturais para o mes de maio, o mes do libro. A programación dará comezo o mércores 3 de maio coa actividade de contos para compartir ‘O pastel está tan arriba’. Pola súa parte, o xoves 11 terá lugar a representación de ‘As Rescatadoras’, mentres que o martes 16 de abril o centro acollerá unha xornada reivindicativa coa actividade ‘Cociñando historias de igualdade’. O mércores 24 de abril a actividade ‘Debuxar Letras’ porá o punto e final á programación de actividades do mes das letras. Todas as propostas terán lugar ás 18.00 horas na biblioteca pública municipal ‘María Baña’.