A bola de Nadal de Vigo terá 12 metros de altura e contará con 43.000 puntos de luz led


Abel Caballero achegouse este luns ao inicio da instalación da bola de Nadal que, unha vez máis, se situará no farol de Urzáiz. Con 12 metros de altura de diámetro, contará con 43.000 puntos de luz pixel programable led que permitirán programar vídeos de animación de 6 minutos. O peso deste elemento é de 8 toneladas.